Legal
Política de cookies
Resposta curta: esta web non usa cookies de análise, nin de publicidade, nin de terceiros. Só a porra usa unha cookie técnica para manter a túa sesión, e unicamente se entras nela. Por iso non verás ningún aviso pedíndoche permiso.
01Que é unha cookie
Unha cookie é un ficheiro que unha web garda no teu dispositivo para recoñecerte en visitas posteriores. As que serven para seguir a túa navegación ou para amosarche publicidade necesitan o teu permiso previo. Aquí non se usa ningunha das dúas.
02O único que se garda no teu dispositivo
Cando escolles un idioma no menú, o navegador garda esa preferencia para que na seguinte visita non teñas que volver escollela:
| Nome | Tipo | Para que | Duración |
|---|---|---|---|
| abobriga:lang | Almacenamento local | Lembrar se prefires galego, castelán ou inglés. | Ata que borres os datos do navegador. |
Non é unha cookie, non se envía a ningún servidor e non permite identificarte. Está exenta de consentimento porque só serve para darche o servizo que pediches (art. 22.2 da LSSI-CE).
Se entras na porra coa túa conta de Google, ademais gárdanse estas cookies técnicas, só nas páxinas da porra:
| Nome | Tipo | Para que | Duración |
|---|---|---|---|
| sb-ttqzlkatmopwctkvllzi-auth-token | Cookie propia | Manter a túa sesión aberta na porra para que non teñas que entrar cada vez. | Ata que peches sesión ou borres a túa conta (como moito, 400 días). |
| sb-ttqzlkatmopwctkvllzi-auth-token-code-verifier | Cookie propia | Comprobar que a volta desde Google a inicia o teu propio navegador. | Bórrase en canto volves de Google. |
| porra_cuenta | Cookie propia | Lembrar con que conta de Google entraches, para que a próxima vez entres directo sen escollela. Mantense aínda que peches sesión. | Ata que borres a túa conta da porra (como moito, 400 días). |
| porra_medallas:… | Almacenamento local do navegador | Lembrar que medallas da porra xa che avisamos, para non repetirche o aviso. Non sae do teu dispositivo. | Ata que borres os datos do navegador. |
Son cookies estritamente necesarias para o servizo que pides ao entrar —xogar á porra—, así que tamén están exentas de consentimento. Non serven para seguirte nin para publicidade.
03Servizos de terceiros
- Vercel Analytics e Speed Insights: miden cantas visitas recibe cada páxina e o rápido que carga. Funcionan sen cookies e sen identificadores persistentes; non permiten saber quen es nin seguirte por outras webs.
- Stripe: cando pagas con tarxeta saes desta web e pasas ao dominio de Stripe, que si usa as súas propias cookies para previr fraude. Iso ocorre no seu sitio e réxese pola súa política de privacidade.
- Tipografías e imaxes: sérvense desde o noso propio dominio. O teu navegador non fai peticións a Google nin a ningunha rede externa por visitar esta web.
04Como borrar o que se gardou
Podes eliminar a preferencia de idioma en calquera momento borrando os datos de navegación do teu navegador, ou visitando esta web en modo privado. A web seguirá funcionando igual: simplemente aparecerá en galego, o idioma por defecto. A cookie da porra bórrase ao pechar sesión.
Última actualización: 2026-10-24
