
Abobriga
FC
Sobre o
Abobriga
O club nace en 2025, por iniciativa de xóvenes da comarca liderados por Diego Costas (Primeiro Presidente do Club), cun profundo amor polo deporte e pola súa terra. Un nome con historia: «Abóbriga», como se coñecía en tempos celtas á vila de Baiona. Un nome que conecta coas raíces da nosa terra e representa o espírito do Val Miñor.
Porque non somos só de Baiona. Somos do Val enteiro; de Nigrán, de Gondomar, da costa e do interior. Un equipo feito por e para a nosa xente. O noso escudo leva gravados os catro elementos que nos definen:
A Terra
que pisamos e que nos sostén.
O Mar
que nos rodea e nos conecta co mundo.
O Vento
que empurra os nosos soños cara adiante.
O Lume
que nace do corazón e da paixón coa que imos loitar cada partido.
Somos forza, tradición e futuro. Catro elementos. Unha conquista.

O NOSO
Equipamento
Deseños propios, orixinais e personalizados. Feitos para representar ao equipo con identidade e orgullo.
Fáite
Abonado
Ser abonado do Abobriga F.C. é moito máis ca apoiar ao equipo. É formar parte dunha comunidade, dunha historia, de algo que se constrúe partido a partido.
Abonado
Individual
- Carné de abonado oficial
- Desconto en merchandising
- Sorteos exclusivos
- E moito máis a próxima tempada
Abonado
Familiar
Ata 3 persoas- Carné de abonado oficial
- Desconto en merchandising
- Sorteos exclusivos
- E moito máis a próxima tempada
Abonado
Xuvenil
Sub-16- Carné de abonado oficial
- Desconto en merchandising
- Sorteos exclusivos
- E moito máis a próxima tempada
O NOSO
MOTOR
Grazas a todos os que fan posible o Abobriga F.C.























